Friday 26 de April de 2024

Sandra Insua destaca a “relevancia do Camiño dos Faros para a nosa economía” na presentación da novela ‘Cuando aprendí a vivir’


· A presentación do libro de Pedro Martínez, publicado por Amat Editorial, tivo lugar onte no Faro Vilán

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou hoxe na presentación da novela ‘Cuando aprendí a vivir’, unha obra do escritor iniestense Pedro Martínez Ruíz publicada por Amat Editorial, e destacou a “relevancia do Camiño dos Faros como produto turístico para a nosa economía e para as nosas xentes”

A rexedora explicou que “non me canso de repetir que hai un antes e un despois para Camariñas en particular e para a comarca da Costa da Morte en xeral desde que os coñecidos como trasnos, a asociación impulsora do itinerario, crearon esta ruta”.

“Desde que este proxecto está en marcha triplicouse o número de visitantes que recibimos. Xa hai máis de 170 vivendas turísticas só aquí en Camariñas, e o mesmo ocorre en toda a comarca. Desde o mes de maio ata o mes de outubro hai xente facendo o Camiño dos Faros. Todo isto é un tesouro de valor incalculable” , afirmou.

“Agradezo a Pedro Martínez que o escollese como escenario da súa novela, non se me ocorre ningún escenario mellor ca o que nos rodea para ambientar un relato de autoreflexión e inspiración como o que se pode ler neste libro”, salientou.

‘Cuando aprendí a vivir’ narra a historia de Daniel, representante de artistas do panorama nacional e internacional, que sufre un ictus e, tras superar ese inesperado acontecemento, decide emprender unha viaxe polo Camiño dos Faros para atoparse consigo mesmo, recapacitar sobre a súa vida e propoñerse novos rumbos persoais e profesionais.

O autor confesa que “este libro es totalmente diferente a los anteriores, es una novela. En realidad, desde pequeño siempre me gustó escribir historias y en mi cabeza de pequeño escritor, y luego de adulto, siempre hubo la idea de crear historias, no solo escribir sobre desarrollo personal o ensayos. Por eso, este libro ha supuesto reconectar con mi niño interior, escribir con el alma. Esa fue mi motivación”.

Martínez asegura que disfrutou do proceso creativo deste libro porque tivo “que investigar a donde mandar al personaje para encontrarse consigo mismo y fue así como tuve la suerte de descubrir el Camino de los Faros, primero a través de la investigación, puesto que no lo conocía, y después recorriéndolo y descubriendo sus encantadores rincones, sus faros, sus playas como la playa de los cristales, sus preciosos pueblos… Fue una verdadera gozada”.

Ademais, este libro está rodeado de “cierta magia”, afirma o escritor, porque “me han ido pasando cosas increíbles. En mi viaje al Camino de los Faros descubrí las preciosas localidades de Malpica, Muxia, Camariñas, Ponteceso, Murcia, Laxe y Finisterre, entre otras, y me encontré en la vida real con los personajes con los que Daniel se había encontrado en la ficción, como un alcalde de las poblaciones del Camino o conocer a la farera del Faro Vilán. Y me parecieron unas maravillosas casualidades”.